Esta fin de semana volve a acción ao Campionato Galego de Rallyes coa disputa da súa cuarta proba, o Rally Mariña Lucense organizado pola escudería Mix Rally Sport.
Defendendo as cores de Surco teremos nesta ocasión:
N 15 - Marcos Rodríguez Sanroman e Daniel Rodríguez co seu habitual Renault Clio Rally 5.
N 32 - Lorenzo Rivera e Alberto Muiños co seu coñecido Peugeot 206 disputarán a Copa Volante F.G.A.
N 55 - Eliot Gomez e Jose Ramón Seoane co seu Toyota Aygo disputarán a Copa Crtiterium Galicia e a Beca 24.
N 62 - Iago García e Elias González co seu Peugeot 107 competirán na Copa Criterium Galicia e a Beca 24.
Tampouco queremos esquecernos dos nosos compañeiros que tamén estarán nesta proba realizando diversas tarefas organizativas.
Dende estas liñas queremos desexarlles moita sorte a todos.
Neste ano tan especial para nos no que o Rally Sur do Condado cumple 20 anos de vida, no cal levamos traballando moitos meses para facer deste ano un ano moi especial, o cal vira cargado de novidades que vos iremos desvelando ao longo destes meses.
Precisamos mais que nunca da vosa colaboración para levar a cabo esta edición, se queres formar parte da Escuderia Surco e do 20º Rally Sur do Condado cumplimenta o formulario que te deixamos a continuación e nos poremos en contacto con vos .
Asi entre todos faremos do Rally Sur do Condado, un dos mellores rallys do Campionato Galego.
Formulario para darse de alta para colaborar coa Escudería Surco
A ESCUDERÍA SURCO RECIBE O PREMIO DE CAMPIÓNS GALEGOS DE ESCUDERÍAS
O pasado sábado 3 de febreiro tivo lugar en Noia a celebración da Gala 2023 da FGA, onde a Escudería Surco recibiu o recoñecemento como mellor Escudería Galega de Rallies.
O traballo inesgotables desta “familia” de amantes do motor mirouse recompensado, ainda que coñecendo aos seus compoñentes, estamos seguros de que non pararán ata seguir medrando e logrando moitos máis éxitos.