1º Trofeo Nipon Mobil & Racing Stage Services para vehículos da marca Mitsubishi.
1º Trofeo N5 By RMCMotorsport para vehículos da categoría N5
Esta fin de semana celébrase o VI Rallye de Pontevedra, quinta proba puntuable para o Campionato Galego de Rallyes organizada pola escudería Congostra Team Sanxenxo, no que contaremos con 11 equipos defendendo as cores de Surco:
N 18 - Jose Antonio Groba e Daniel González co seu Suzuki Swift N5 participarán na copa Pirelli-Driver-Autia Top Ten B.
N 40 - Isaac Duran e Álvaro Cerqueiras co seu Peugeot 206 XS participarán na copa Pirelli-Driver-Autia Top Ten C.
N 48 - Marcos Rodríguez Sanroman e Daniel Rodríguez co seu Renault Clio Rally 5 participarán nas copas Pirelli-Driver-Autia Top Ten C e na copa Renault Clio Galicia.
Este pasado domingo celebrouse no circuíto da Madalena, en Forcarei, a selección de pilotos Máis Talento Motor promovida pola Deputación de Pontevedra e a Federación Galega de Automovilismo, na que competiron 34 aspirantes, quedando o podio final formado por dous pilotos da nosa Escudería, Iago García e Eliot Gomez, sendo Yago Martinez veciño de Salvaterra de Miño o vencedor.
Isto demostra a gran afición polo mundo do motor e o gran nivel que temos na nosa contorna.
Clasificación final:
1º Yago Martínez
2º - Iago García
3º - Eliot Gómez