Xoves, Setembro 09, 2010
Cartel
Info Xeral

Placa do Rallie

placa_surco_2010

Lista de Inscritos


inscritos

Programa - Horario

programa_horario_010

Cartel

Información Equipos Parques de Asistencia

Parques de Asistencia

ATENCION

Horarios de Entrada no parque de Asistencia:

Venres 09 de Xullo: das 18:00 ás 00:00 horas.

Sábado 10 de Xullo: das 07:00 ás 07:45 horas.

 


 

Os Parques de asistencia estarán situados na Campa de Oleiros, Salvatierra de Miño, na estrada PO-400.

parque_asistencia_09

PARQUES PECHADOS E DE TRABALLO (ASISTENCIAS)

 

1.- Será o lugar previsto no Regulamento Particular, ó que o Concursante estará obrigado a conducir o seu/s vehículo/s

2.- No interior do Parque Pechado, onde non poderán entrar máis que ós Oficiais da proba e os destinados á vixilancia, quedará prohibida calquera comprobación ou reparación, salvo se o autorizaran os Comisarios Deportivos o Técnicos.

3.- O Regulamento Particular da proba precisará o lugar no que se instalará o Parque Pechado e os lugares dos Parques de Traballo, (con marcaxe obrigatorio das rodas) así como a hora límite de entrada.

4.- O Parque Pechado, e os Parques de Traballo contaran cas dimensións adecuadas e estarán correctamente valados para que nel non poidan acceder persoas non autorizadas.

5.- Os Parques Pechados e os de Traballo serán controlados por oficiais colexiados designados polo Organizador, que serán os responsables do seu bo funcionamento.

6. Parques de Traballo

6.1 Os organizadores terán que designar obrigatoriamente parques de traballo, nos seus regulamentos particulares, e terán que prohibir tódalas asistencias nos inter treitos. Os organizadores tomaran las medidas necesarias que controlen especialmente este punto.

6.2. A hora limite de entrada o P.T. dos vehículos autorizados será polo menos dende as 20:00 horas do venres do comezo do rallye ata unha hora antes da hora teórica de entrada do primeiro participante o P.T.; quedando ó criterio dos organizadores o poder modificar dita hora límite.

6.3. Os P.T. deben estar emprazados en espazos asfaltados, e suficientemente amplos

para garantila seguridade dos equipos e do público, debendo dispor dun espazo adecuado para cada vehículo. Recoméndase prever a circulación en carrís dun só sentido, nos que recoméndase que esté limitado ou controlado o paso do público, tamén o transito do publico non poderá interferir na cronometraxe nos controis de entrada e saída do parque.

6.4. Os P.T. deberán estar indicados no itinerario-horario do rallye cun C.H. de entrada e outro C.H. de saída (as distancia de 25 m na sinalización de controis, quedan reducidas a 5 m como mínimo).

6.5. Se o Organizador prevé un Reagrupamento e un P.T. seguidos, o orde deberá ser: 1º o Reagrupamento e 2º o P.T.

6.6. Os P.T. deberán dispor dos sistemas de extinción adecuados. Debendo ter un mínimo de 3 extintores no parque e un vehículo contra incendios, si se realizase nun recinto feiral, servirá co sistema contra incendios instalado no recinto e a organización debe dispor dunha copia do plan de actuación de dito recinto feiral.

6.7. Nos P.T. deberanse prever obrigatoriamente servizos de WC. e contedores suficientes para o lixo que xeneren os equipos.

Así mesmo serán válidos os servizos dun Centro Comercial ou cafetería próximos o P.T., non estando este excesivamente lonxe do parque.

6.8. Os P.T. deberán establecerse de acordo cos seguintes criterios:

a) Nº de Treitos Cronometrados entre P.T. serán como mínimo 1 e un máximo 3

b) Serán un número máximo de 6, o 1º terá unha duración de 10 minutos antes do 1º treito cronometrado , e o resto terán unha duración de 30 minutos. Os neumáticos só se poderán cambiar nos parques de traballo exclusivamente, agás do parque de asistencia de chegada do rallye.

c) O emprazamento dos P.T. debe ser único, salvo autorización expresa da F.G.A.

d) Entre os parques de asistencia onde existan treitos cronometrados non se poderán superar os 150 km. de percorrido total.

6.9. A velocidade máxima dos vehículos que circulen polo P.T. nunca será superior a 30km/h podendo ser controlada e sancionada. quedando tamén prohibido calquera tipo de manobra que non sexa a propia da circulación normal. O incumprimento deste apartado poderá ser motivo de exclusión da proba a criterio dos Comisarios Deportivos.

6.10. O espazo para asistencia por participante deixase a criterio do Organizador en función do tamaño do P.T.

6.11. O Organizador deberá coordinar cos responsables dunha Copa de promoción. a ubicación no P.T. dos vehículos participantes nas mesmas.

6.12. Recomendase o Organizador elaborar un plano de ubicación do P.T.,así como o lugar asignado a cada vehículo. Para elo os equipos deberan indicar se comparten asistencia e deberan ser comprobado este dato durante as verificacións administrativas.

6.13. Os equipos deberán deixar o lugar onde realizaron a asistencia nas mesmas condicións encontradas súa chegada, depositando o lixo e os materiais inservibles nos contedores ubicados no propio P.T.

6.14. Vehículos admitidos nun Parque de Traballo

a) Soamente un ou dous vehículos de Asistencia, como máximo e a criterio da organización, por vehículo inscrito poden actuar en cada P.T. Estes vehículos deben estar claramente identificados por placas de “Asistencia” entregadas polo Organizador e colocadas nun lugar visible indo obrigatoriamente pegadas para poder acceder o P.T. .Recomendase que as placas teñan os dorsais dos equipos participantes. Se varios equipos comparten asistencia entregarase como máximo dúas placas a ese grupo de equipos.

b) Será de obrigatorio cumprimento , a identificación en todo momento do/s vehículo/s de asistencia, matricula,responsable,etc. A notificación á organización será prevista na folla de inscrición, tendo como prazo límite o venres nas verificacións administrativas.No caso de non confirmar da totalidade do espazo necesario a organización exímese de responsabilidade, contando só co espazo necesario para un vehículo de asistencia por participante poderase negar a entrada a calquera coche que non este completamente identificado.

c) Durante o desenrolo da proba, non poderán entrar nin saír do P.T. estes vehículos, soamente poderán entrar e saír se o organizador preveu un aceso independente para as asistencias, ou no paro do mediodía.A entrada dun vehículo e asistencia no PT habendo saído con anterioridade, no transcurso da proba (agás no parón do mediodía), poderá levar consigo a non autorización da entrada de novo PT.da mesma maneira, tomarase nota de cada vehículo non inscrito que permaneza no PT. Quedará completamente prohibida a entrada de calquera vehículo que non sexan os participantes dentro do tempo de parque de asistencia.

d) A F.G.A. terá dereito a un máximo de DOUS vehículos para actuar no P.T. sempre que este convocada al menos unha Copa de promoción para dar servizo os equipos inscritos nestas copas. Deberase prever un espazo de 10 x 10 metros para montar unha oficina de atención os equipos inscritos nas citadas Copas de promoción.

e) As dúas placas de Asistencia autorizadas serán gratuítas. As demais placas que solicite un Concursante, de acordo ca regulamentación antes citada, o Organizador poderá establecer un prezo máximo de 150 euros por placa.

7.- Repostaxes (Refuelling)

As repostaxes teranse que facer nos parques de traballo, e nas estacións de servizo, ubicadas no percorrido do rallye, e terán que estar indicadas no libro de ruta (Road Book).

7.1.No parque de traballo no momento do repostaxe deberase cumprir as seguintes condicións:

- Afastar os fumadores.

- Repostar o vehículo co motor parado.

- Se os membros do equipo están no interior do vehículo, deberán ter os cinturóns de seguridade desabrochados.

-Excepto nos vehículos que teñen prevista unha toma de presión para a repostaxe, este deberá levarse a cabo por gravidade o bombas manuais, para o que recomendase a utilización de bidóns de repostaxe según normas FIA provistos de acoplamentos estancos y respiradeiros. En calquera caso, a capacidade dos bidóns de repostaxe queda limitada a 25 litros.

Se o bidón está elevado por encima do chan, en ningún caso o nivel de reserva de carburante

No bidón poderá estar a unha altura superior a 3 metros durante tódala operación.

7.2.Nas estacións de servizo, so está autorizado repostar directamente dos surtidores comerciais nas seguintes condicións:

.- A única operación autorizada é o repostaxe de combustible.

.- A repostaxe terase que realizar sen ningunha axuda exterior, agás dos empregados da propia estación de servizo.

8 Neumáticos.

8.1. Os neumáticos a empregar deben estar de acordo ca regulamentación F.I.A. para rallyes, estando expresamente prohibidos os neumáticos “slicks”, “slicks raiados” y los neumáticos con “mousse”. Os vehículos de categoría GT autorízaselles a montaxe de neumáticos Michelín PR-20, de dimensións 27-65-18’’, raiados polo fabricante.

8.2. Están autorizados un máximo de 5 neumáticos por vehículo entre Parques de Traballo.

8.3. A saída dun P.T. marcaranse tódolos neumáticos colocados no vehículo (incluso o de reposto). A chegada do próximo P.T., o vehículo deberá levar unicamente os neumáticos marcados no P.T. anterior.

8.4. Para facilitar a marcaxe dos neumáticos,deberase dispor un espazo acotado inmediatamente despois do C.H. de saída do parque de Traballo, ver croques explicativo de montaxe Nº1. Ca única finalidade de axudar o procedemento de marcaxe, un membro do equipo poderá ter aceso a este espazo. Para esta operación a Organización está obrigada a dar un suplemento de 5 minutos extra no sector de que se trate, e así mesmo indicalo no Itinerario Horario da proba.

8.5. O tallado dos neumáticos esta autorizado exclusivamente nos P.T.

8.6. Os cambios de neumáticos realizaranse únicamente nos P.T. fora dos mesmos, soamente os membros do equipo poderán realizalos cos medios de a bordo pero respetando sempre o disposto no apartado 8.2.

8.7. Entre o último parque de traballo e a chegada do rallye, os neumáticos a utilizar son libres (respetando o resto de normativa do presente artigo).

8.8. Está autorizado o uso de quentadores de neumáticos, soamente dentro dos P.T.

8.9. Nas Copas de promoción, o modelo e número total de neumáticos a empregar será o que estipulen nos regulamentos particulares das mesmas, non podendo superar o número máximo establecido no presente artigo.

8.10. O procedemento da marcaxe das rodas:

a) Marcaranse a llantas cas pegatinas en PVC troqueladas segundo normativa FIA

b) Poderase marcar os neumáticos con rotuladores de diferentes cores.

c) Recomendase un mínimo de tres comisarios para realizar a marcaxe.

8.11. Se na saída dun P.T. se atopase un neumático non conforme, este deberase sustituir por outro. O neumático non conforme considerarase nulo e quedara en poder dos Comisarios Técnicos. O tempo concedido para o Sector do que se trate, non poderá ser ampliado.

8.12. O control da marcaxe dos neumáticos realizarase entre o Control Horario precedente o treito Cronometrado e a saída de dito Treito, ver croques explicativo de montaxe Nº2, tamén nos C.H. de entrada os P.T. poderase realizar unha comprobación da marcaxe.

8.13. Toda infracción concernente a normativa dos neumáticos, comprobada polos Oficiais da proba, entrañará unha penalización, podendo chegar a exclusión da proba.

Outras Cousas do Rallye

planetaras

Edicions Anteriores

Ano 2004

Ano 2005

Ano 2006

Ano 2007

Ano 2008

Ano 2009

Patrocinadores
Cartel
Cartel
Cartel
Cartel