
Os recoñecementos Oficiais efectuaranse os días 2, 3 e 4 de Xullo de 2010, dende as 09:00
ata as 14:00 e das 15:00 ata as 21:00 horas.
A Documentación, para relizar os mesmos, terase que recoller o mesmo día que se realicen os recoñecementos
de 08:30 a 12:00 na Tapería O Ferreiro, Rúa Rosalía de Castro,26 Telf: 664 843 755 // 650 033 861
Os recoñecementos quedan limitados a un máximo de TRES pasadas por Treito Cronometrado.
A primeira infracción será penalizada con 5 minutos mais unha sanción económica de 300 €, o
inicio da Proba, a criterio exclusivo do Colexio de Comisarios Deportivos.
A segunda infracción se penalizará con “NON AUTORIZADO A TOMA-LA SAÍDA”, ratificada polo
Colexio de Comisarios Deportivos.
Só se poderá efectuar os Recoñecementos dos Treitos Cronometrados un día por cada equipo
participante, a escoller de entre os tres días designados polo Comité Organizador, e que será solicitado
por fax polo participante ó Comité Organizador para que quede constancia, e así poder dividir 150
participantes nos tres días.
A velocidade máxima nos Treitos a recoñecer, será en función das limitacións / sinais que existan no mesmo.
Entregaranse unhas adhesivos transparentes e numeradas (de cor Branco) que terán que ir pegadas
no parabrisas dianteiro (lado dereito superior no sentido da marcha), dos vehículos que fagan os
recoñecementos autorizados. A falla dela, transitando polo Treito, implicará a descalificación a tódolos
efectos (con perda dos Dereitos de Inscrición) para a súa participación na proba, do vehículo infractor.

| < Anterior | Seguinte > |
|---|