Cancelación XVII Rallye Sur do Condado

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Ante a situación e evolución que estamos a sufrir (COVID-19) tanto en Galicia como no resto do mundo, e dado as circunstancias actuais e futuras do Estado de Alarma, a Escudería Surco ven de valorar, xunto cas autoridades políticas, deportivas e empresariais da comarca a CANCELACION DO XVII RALLYE SUR DO CONDADO 2020.

Para esta Escudería non foi sinxelo tomar esta decisión, pero todos debemos ser conscientes de que a día de hoxe no están clarificadas as directrices que se tomarán en eventos con aglomeración de público, e máis cando a nosa proba deberá celebrarse en menos de mes e medio.

Ase mesmo, esta Escudería non pode dispor a día de hoxe de todo-los medios humanos, económicos e loxísticos que son precisos para a realización da proba debido as restricións que están instauradas.

Por outro lado, ca nosa cancelación, colaboramos para que ó resto das probas que sí se celebren, podan dispor de máis datas dentro dun calendario repleto de probas.

Pedimos desculpas a todos os aficionados, equipos, colaboradores, organismos oficiais e persoal implicado que coma cada ano estaban dando o seu apoio a esta Escudería.

Só  nos queda dar as gracias a todos as partes implicadas na realización de esta proba, esperando que podamos contar ca súa colaboración para que o Rallye Sur do Condado  2021 sexa unha das mellores edicións e  poder brindarlle a todos a proba que se merecen.

¡¡ Agardamos por Vos en Xullo do 2021!!



                                                                                                                                  O Comité Organizador

 surco superpeqs

© 2020 Escuderia Surco. Feito por Bersolde. Template de JoomShaper