Equipos Surco nun fin de semana de carreiras

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
Cartel Final 51 Rallye de Ferrol Suzuki low scaled   SALETA WEB

 

Dúas probas disputaránse este fin de semana en Galicia. A primeira será o 51 Rallye de Ferrol, proba valedeira para o Supercampeonato de España de Rallyes de Asfalto (S-CER). Esta proba ten a particularidade de que para asistir os treitos deberá realizarse un rexistro previo debido os problemas xerados polo Covid-19.

A segunda proba será a disputa da XXII Subida a Saleta (O Carballiño), proba valedeira para o Campionato Galego de Montaña.

En amba-las dúas probas, esta escudería vos anima a que cumplades as normas establecidas polos protocolos de seguridade das probas.

E varios pilotos da Escudería Surco estarán na saída de estas probas, comenzamos con dous pilotos que tomarán a saída no Rallye de Ferrol:

     

 

  • Co dorsal 32 na súa porta sairá Pablo Pazó acompañado a súa dereita de Ezequiel Salgueiro, participando na Copa Suzuki co seu habitual Suzuki Swifit.

  • Jose Calvar e Eva Costas voltarán a dar espectáculo co seu Seat Marbella co dorsal 70 nas suas portas.

 

Xa na Subida a Saleta, teremos outros dous equipos:

     

 

  •  Samuel Rodríguez debutará no Campionato Galego de Montaña co seu Peugeot 206.

  • Marcos Ledo e Marisa Lagos saírán nun Citroén AX, participando en Regularidade sport 80.

 

 Moita sorte a todos os equipos, agradecendolles que saian pola nosa Escudería nas distintas probas nas que participan.

Pin It
© 2020 Escuderia Surco. Feito por Bersolde. Template de JoomShaper