Gala Escudería Surco 2020

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

thumb presentacion gala 2020O Mércores 29 de Xaneiro tivo lugar no Concello de Salvaterra de Miño a presentación da que será a Gala da Escudería Surco.

En dito acto estiveron reunidos o presidente da Escudería Surco, D. Manuel Carballo Logo, xunto ca Alcaldesa D. Marta Valcárcel, a cal mostrou o seu apoio incondicional a éste clube organizador que en 2020 chegará as dezasete edicións do seu evento estrela: o Rally Sur do Condado.

 

Tras case 19 anos de actividade, a Escudería Surco organiza por primeira vez unha gala para recoñecer a labor e o apoio de concellos, marcas comerciais e pilotos que optaron por ésta organización, e que prolongaron dita colaboración durante todos estes anos.

A gala terá lugar o Sábado 15 de Febreiro, no salón de actos da Casa da Cultura de Salvaterra, entre as 18 e ás 21 horas, e se entregarán unha serie de galardóns e mencións por parte da Escudería Surco a todas eses pilares de vital importancia para o desenrolo das súas actividades, dende patrocinadores ata voluntarios, pasando por entidades públicas e persoas que xa non están, pero que no seu momento foron clave para a continuidade do clube.

© 2020 Escuderia Surco. Feito por Bersolde. Template de JoomShaper