Resultados equipos Surco na XIII Subida a Oia

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 
1° posto da agrupación 4 para Marcos Sanroman na subida da casa.
Unha carreira que lle sirve para coller ritmo de cara o próximo Rallye San Froilan.
Noraboa

 

 

 

 

 


Moi contento remataba Jose Ramón Dominguez (Kenny) da  súa participación na subida a Oia.
Con ritmo e cada vez mis cómodo co coche foi  mellorando os seus tempos.
So un pequeno erro persoal na última manga do Sábado, fixo que os seus tempos finais penalizasen unha mellor clasificación. Pese a isto conseguiu rematar 2° na Agrupación 4.
Noraboa e a pola seguinte proba

 

 

 

 

 


 

Nesta ocasión, o Peugeot 206 RC de Hugo Conde Martins non o deixaba disfrutar de todo o seu potencial por un problema na caixa de cambios. Pese a todos os atrancos, conseguiu rematar e xa está pensar na seguinte proba,.

Hugo quere agradecer a todos os seus patrocinadores, amigos e Famila por todo o apoio recibido.

 

 


 
Gran fín de semana para Marcos Ledo e Marisa Luisa Lagos na subida a Oia.
O Sábaod na 1ª manga colocábanse no 1° de regularidade, pero trala 2ª remataban a xornada na 2° posición.
Xa no Domingo na 3° manga daban a sorpresa e colocábanse de 1°, pero un exceso de confianza na última manga na cal remataban 4°, facía que o final rematasen no posto 2 da Xeral de Regularidade.
Grazas por usar as nosas mascarillas.

 

 

 


Iago Fernández e Pablo Aguiar, debutaban na competición na subida a Oia. Coa única intención de probar o coche de cara o rallye Rías Altas de Históricos. O principio da proba, un problema de carburación o cal resolveron, e  pese a usar rodas usadas de calle sentíronse cómodos e coseguiiron baixar os seus tempos.
Noraboa e a polo seguinte

 

 

 

 

© 2020 Escuderia Surco. Feito por Bersolde. Template de JoomShaper