Inscripción

 

 Solicitude de inscricións

Toda persoa que desexe participar no XVII Rallie de Regularidade Moucho do Condado deberá remiti-la solicitude de inscrición, debidamente cumprimentada, á secretaria do Rallie por e-mail ou Whatsapp e abonar os dereitos de inscrición antes das 20:00 do 11 de Novembro de 2024.

Será imprescindible presentar o D.N.I. dos copilotos, no caso de ser menores de idade, ademais deberán presentar unha declaración xurada de responsabilidade polos país/nais/titores dos mesmos, acompañado polos correspondentes DNI.

No caso do piloto, deberá presentar o permiso de conducir en vigor.

A falta de presentar calquera dos documentos antes descritos a organización poderá denegar o dereito tomar a saída a proba a calquera equipo.

 

Os dereitos de inscricións poderán ser satisfeitos na secretaría da proba ou na entidade bancaria:

ABANCA ES52 2080 5608 42 3040000190

antes das 20:00 do Venres 11 de Novembro do 2024 

Dereitos de Inscrición-Seguros.

Os dereitos de inscricións fíxanse en:

-Equipo ( Piloto + Copiloto ) 100 €

Os Equipos constarán dun condutor e un acompañante, estando prohibido o transporte de calquera outra persoa.

A solicitude de inscrición non se aceptará se non vai acompañada dos dereitos de inscrición.

Os dereitos de inscrición comprenden o seguro de responsabilidade a través da F.G.A. coa Compañía AON IBERIA CORREDURÍA DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A.U.

Os dereitos de inscrición inclúen:

• Dorsais para pegar no coche e un libro de ruta para realizar o percorrido.

• Praca de Verificado, sendo obrigatorio colocala nun lugar visible na parte esquerda do vehículo.

Equipo completo de GPS para controlar os tempos por satélite.

• Seguro

• Copia de permisos

• Copia de seguro

• Cea para 2 persoas.