Cartel para a XVIII edición do Rallye Sur do Condado.
Este ano, a Escudería amosa no seu cartel
Subida ó Castelo
Treito xa mítico do Rallye Sur do Condado o que vai este ano no cartel do Rallye, sendo parte do treito Salvaterra do Miño.
A Capela do Monte Castelo e unha construcción singular, xa que o seu altar atópase debaixo dunha enorme rocha. Na parte frontal, á máis visible, levántouse unha entrada con arco que cubre a rexa de acceso. Neste pechamento podese atopa a data de construcción: ano 1923.
As dimensions da rocha son impresionantes, e o seu perimetro está bastante ben cuidado, polo que podemos pasear por todo o seu contorno e comprobar que e máis grande do que parece nun principio.
Subindo polo lateral esquerdo da capela atopamos unhas escaleiras metálicas que permiten subir á parte alta da rocha. Cuidado, é perigroso, pero espectacular.
O estar situada nlo alto do monte permite disfrutar de unha gran panorámica, a pesar dos seus escasos 150 metros. Dende o fondo podemos observar Ponteareas, e xusto baixo nosos pes as parroquias de Fornelos e Pesqueiras do concello de de Salvaterra do Miño. Tamén podemos divisar o val do Tea, no que o río Tea vai camiño da súa desembocadura no Miño, xa perto da Fillaboa e o seu ponte medieval..