Distribución do libro de ruta e GPS
Entregarase, só o día marcado para recoñecer
de 08:30 a 12:00
XIROPE CAFE BAR
Rúa Paseo Matutino, 13
Ponteareas
Os recoñecementos Oficiais efectuaranse os días:
Sábado 2, Domingo, 3 e Xoves, 7 de Xullo do 2022
de 09:00 ás 21:00.
ATENCION PILOTOS
CIRCULA CON PRECAUCION POLOS TREITOS
RESPETA OS DEMAIS USUARIOS DA ESTRADA
Os recoñecementos quedan limitados a un máximo de TRES pasadas por Treito Cronometrado.
A primeira infracción será penalizada con 1 minuto ou cunha sanción económica de 300 €, a abonar antes do inicio da Proba, a criterio exclusivo do Colexio de Comisarios Deportivos, con envío da sanción económica á F.G. de A.
A segunda infracción se penalizará con “NON AUTORIZADO A TOMA-LA SAÍDA”, ratificada polo Colexio de Comisarios Deportivos, co traslado ó Tribunal Galego de Apelación.
Por incorrer nunha infracción nos puntos 9.2.1 e 9.2.2 será obrigatorio dar traslado ó Tribunal Galego de Apelación, para apertura e incoación de Expediente Disciplinario no seu caso.
Só se poderán efectuar os Recoñecementos dos Treitos Cronometrados en 1 día por cada equipo participante, a escoller de entre os tres días designados polo Comité Organizador, e que será solicitado por Fax polo participante ó Comité Organizador para que quede constancia, e así poder dividir 160 participantes nos tres días. Así mesmo, cada equipo terá que notificar ó Comité Organizador, a marca, modelo e matrícula do vehículo que utilizará para os citados recoñecementos.
A velocidade máxima nos Treitos a recoñecer, será en función das limitacións / sinais que existan no mesmo, e nunca será superior a 80 Quilómetros/h.
Pola Federación Galega de Automobilismo notificárase ós Sub-Sectores da Garda Civil de Tráfico, para seguir un control rigoroso, e conforme ó Real Decreto 1428/2003 de 21 de Novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación para a aplicación e desenrolo do texto articulado da Lei sobre Tráfico, aprobado polo Real
Decreto Lexislativo 339/1990 de 2 de Marzo, dos recoñecementos e solicitarase o traslado das denuncias (D.G.T.) que se formulen por infraccións á normativa para adopta-las medidas federativas que no seu caso procedan.
O Comité Organizador designará un Comisario / Controlador, que informará e fará parte dos incumprimentos ó Comité Organizador, con posterior traslado ó Colexio de Comisarios Deportivos da Proba.
A Federación Galega de Automobilismo poderá designar outro Comisario/ Controlador, cos mesmos poderes e atribucións que o do punto anterior.
Entregaranse uns adhesivos transparentes e numerados (de cor Butano) que terán que ir pegadas no parabrisas dianteiro (lado dereito superior no sentido da marcha), dos vehículos que fagan os recoñecementos autorizados. A falla dela, transitando polo Treito, implicará a descalificación a tódolos efectos (con perda dos Dereitos de Inscrición) para a súa participación na proba, do vehículo infractor.
Seguimento e control dos Recoñecementos con GPS:
Os recoñecementos serán controlados polo GPS e tódolos equipos portarán obrigatoriamente un dispositivo GPS da empresa ANUBE ou TCR Datos Norte S.L, facilitado pola organización, para o control dos recoñecementos, que rexistrará posición, hora e velocidade cada segundo.
Os datos e información rexistrada por estes GPS da empresa ANUBE ou TCR Datos Norte S.L serán considerados como os DATOS OFICIAIS na proba e consideraranse válidos sendo INAPELABLES.
Para calquer dúbida consultar o Regulamento Particular da proba Punto 5 Desenrolo da Proba, Artigo 9: Reconocementos