­
Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Tras a disputa este fin de semana do 53 Rallye de Ourense, queremos salientar o gran resultado acadado por Jose Calvar e Eva Costas donde estreaban o Peugeot 208 Rally4. O equipo estivo durante moito tempo na primeira posición dos R2, pero un pinchazo no último treito fixo que perderan a vantaxe que tiñan sobre o seguinte clasificado, pero aínda así o resultado final é un gran resultado, 12º da Xeral e 2º na Categoría 3 e entre os R2.

Noraboa equipo e esperamos que non sea a última vez que vos vexamos neste vehículo. Ademáis sin esquecerse do Marbella...
 
 
Tamén bó posto acadado polo noso equipo Pablo Pazó e Alberto Muiños que levaron o seu Suzuki Swift ó posto 17º da Xeral é 3º na Copa Suzuki.
 
Noraboa equipo

 
Hugo Conde xunto a Manuel Bouzon co seu 206 RC, despois de ter problemas durante toda a mañan, por culpa dunha perdida de anticonxelante, lograron reparar ata o punto de rebaixar ata 10" entre pasadas, co cal logran un 5° posto no trofeo Cidade de Ourense.
Noraboa equipo.

 
 
Angel Martínez e Cristina Graña levaron o seu Seat Ibiza ó 6º posto do trofeo Cidade de Ourense.
Noraboa equipo por ter rematado esta dura proba..

 
Dar o noso ánimo o equipo Iván Pazos e José Antonio González que unha avería fixoos abandoar no treito 5. Unha gozada ver ese Seat 127 aguantando o calor que facía en Ourense..esperamos volver a velos nese incombustible ferro...
 
­