­
Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Tras a disputa dos dous eventos programados para este fin de semana, o Rallye de Ferrol e a Subida a Saleta, todos os nosos pilotos conseguiron rematar a proba, algúns con algún problema que outro, pero rematando, polo que lle damos a nosa noraboa a todos eles.

Empezamos por Pablo Pazó e Ezequiel Salgueiro, que se estrenaban como equipo no Rallye de Ferrol, polo que durante o venres e debido a falta de rodaxe e a unha leve saída da estrada séptimos da N3.

No sábado, xa máis adaptados un ó outro, saíron a dalo todo logrando rematar no posto 23º da Xeral e en 5° posición do Grupo N3.
 
 
Problemas de freos ata o final para Jose Calvar e Eva Costas que voltaban co seu Marbella para delicia dos afeccionados presentes nas cunetas do Rallye de Ferrol.
A pesar dos problemas de freos e dar coa solución ó final, conseguían rematar a proba na posición 48 da Xeral.
 
 
Debut de Samuel Rodríguez na Subida a Saleta co seu 206 co obxetivo de rodar e probar as melloras realizadas na montura. Pero un fallo de electrónica lle empidía rodar en todalas mangas do fin de semana. Pese a este problema sae da subida satisfeito coas melloras realizadas e co problema localizado.
 

 
Boas sensacions no debut na subida a Saleta en regularidade 80 sport para Marcos Ledo e Marisa Luisa Lagos. No sábado unha rotura de palier fixo que non pudesen rematar a última manga. Pero xa no domingo conseguian terminar 2° .
Grazas a esa posición conseguían unha 4° posición da xeral a poucas décimas do podio.
 
 
­