-
-
Visitas: 945
Fin de semana de carreiras no sur da Provincia de Pontevedra, xa que este fin de semana disputase a XIII Subida a Oia, posiblemente unha das máis bonitas do Campionato Galego de Montaña.
En esta Subida, a Escudería Surco presentará en saída a 6 equipos, ós cales lle dexesamos moitísima sorte:
Co número 3 na súa Barqueta Osella P21 Honda e dentro da Agrupación 8 sairá por la Escudería Surco, MARCO RASERA BERNA.
HUGO CONDE MARTINEZ tomará a saída co dorsal 32 na porta do seu Peugeot 206 RC da Agrupación 3, no que será o debut do coche nunha subida.
Na Agrupación 4, teremos dous representantes como son:
Co dorsal 41 JOSÉ RAMÓN DOMÍNGUEZ ALONSO (Kenny) con un Peugeot 206 RC e co dorsal 42 MARCOS RODRÍGUEZ SANROMÁN con un Citroen C2 encuadrado dentro da 3ª Gara Cup.
Xa entre os participantes da Regularidade 80 teremos tamén dous representantes:
Co dorsal 56 do seu Citroen AX, teremos a MARCOS LEDO PEREZ e MARIA LUISA LAGOS LOPEZ.
E no dorsal 61 teremos a un piloto que troca o coche basoira en moitos rallies e subidas, tanto do Campionato Galego como do Nacional:
IAGO FERNÁNDEZ GONZÁLEZ e PABLO AGUIAR AREAL con un Opel Corsa SR.
Máis información da proba a podedes atopar no Facebook da Escudería