Xa fai uns cantos anos, éste rapaz debutaba nun modesto Seat Panda.
Fai dez anos debutaba no Campionato do Mundo Junior con "Cohete" Suarez e un Fiesta R2.
Logo continuou a súa traxectoria deportiva con varios pilotos e diversos Campionatos...
¡¡¡ Agora é o momento de sentarse en todo un WRC!!!!
Cándido Carrera un dos fundadores da nosa escudería, levará o seu talento ao Campionato do Mundo de Rallies, acompañando na dereita de Dani Sordo a partir do próximo rally de Acrópolis (Grecia) na estructura de Hyundai.
¡¡¡ Non podemos estar máis felices !!!
¡¡¡ Todo traballo e esforzo de tantos anos, da como fruto unha dulce recompensa !!!