­
Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
Resultados dos equipos Surco que participaron na pasada XIV Subida Oia
 
Adrián Álvarez segue a demostrar un ritmo contundente incluso cando os kilómetros cronometrados son reducidos, como no caso das subidas en comparación cos rallies. En Oia firmou un 37 posto xeral, así como 6º da agrupación 3 e 6º tamén na Gara Cup Pirelli B. Noraboa!
Por outra banda, Manuel Fontán co seu 205 GTI segue a progresar e acadou a 63ª plaza xeral e 13º da agrupación 3, rematando así outra carreira. Ben feito!!!
 
Yonathan Otero completaba a subida a Oia na 42 posición xeral e colábase nos 5 primeiros da agrupación 4.
Saúl Bargiela rematou P60 da xeral e P14 da mesma agrupación.
 
Posición 44 para Óscar González, o piloto do Rosal fixo rodaxe na subida de casa, aproveitando así para coller experiencia no seu ano de debut. Este resultado serviulle tamén para acadar oa 7ª plaza da agrupación 4 ao igual que na Gara Cup Pirelli B.
 
E o xoven e bravo piloto, fillo do gran Gayoso, Iago, segue a derrapar co BMW e36 Coupé. Nesta ocasión rematou 16º da agrupación 1, dando un recital.
 
¡Noraboa a todos eles!  
  
Fotos propiedade de: Lucía Rivero @luciariverofotografia // José A. Santiso @jose_a.santiso // @dannyphotoo
 
 
 
­