-
-
Visitas: 1046

A Escudería Surco quere amosar a súa tristeza polo falecemento no día de onte de Eva García de la Torre.
Para Surco, Eva foi unha alianza, un apoio, un aire de renovación e novos desafíos,
ao contar con unha proba de rallymix no Concello de O Porriño durante o seu goberno.
Dende o noso equipo directivo, en nome de todas as persoas que conforman este clube,
queremos mostrar a nosa dor e enviar unha aperta á familia e achegados.
