­

Valoración: 3 / 5

Star activeStar activeStar activeStar inactiveStar inactive
 

Cartel para a XIX edición do Rallye Sur do Condado.

Este ano, a Escudería amosa no seu cartel a Capela da Virxe da Luz na parroquia de Meder

2023 cartel 800

descangarenpdf23 

Capela da Virxe da Luz actúa como templo parroquial dende 1915, debido ao mal estado no que se atopa a igrexa consagrada a San Adrián, o patrón. Na súa fachada, sobre a porta adintelada, ábrese no muro un fornelo que cobiza unha imaxe mariana. Flanqueada por dous escudos de armas, remata coa torre de espadana. Os escudos de armas fan referencia aos Barbeito e Padrón e aos Suárez de Puga Ozores.

Capela da virxe da Luz. A festividade celébrase no mes de xullo. Unha novena de principios do século pasado conta a orixe desta capela: "habiéndose sentido repentinamente ciega en el momento de dar a luz una señora de la dicha familia de los Tapias; después de haber agotado inútilmente todos los recursos de la ciencia médica para devolver la vista ....la fervorosa piedad de su esposo y del reto de la familia determinó levantar, en el barrio donde habitan, un arco de piedra, bajo el cual, en una especie de camarín, colocaron la Virgen de la Luz, a la que recurrían constantemente impetrando de ella, con fervientes oraciones, la vista para la enferma. No tardó mucho la divina Señora en ostentar su inmenso poder accediendo, benigna, a tantas y tan fervorosas súplicas y concediendo el inestimable don de la vista a la desgraciada parturienta..."

A raíz deste episodio a familia mandou levantar a ermita.

­