• 630 394 418 / 663 997 585 / 602 245 333
  • Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Lun - Ven 9:30-13:30 / 16:30-20:30
Resultados dos equipos no 3º Rallye de Pontevedra

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

290621lareuOutro rallye rematado sen maiores inconvenientes para o equipo Surco formado por Ivan Lareu e o seu copiloto Jose Ignacio Varela.
Pese á gran cantidade de abandonos, ambos conduciron o Corsa ata o final do rallye, disfrutando dos rápidos treitos que formaban parte da segunda proba puntuable do galego de rallyes


Verémolos de novo en acción en dúas semanas, no rallye da casa, o Sur do Condado
Foto: LMCB PHOTO

 

290621diegorivero

Os pilotos Surco Diego Riveiro Romero e Jose Juan Lorenzo remataban sextos no Volante FGA PXP 21 na pasada cita pontevedresa


Un bo resultado para o actual comezo de campaña que promete estar moi competida no caso das copas de promoción

 

 

290621samuelrodirguez

Problemas mecánicos e unha penalización botaban por terra as opcións na loita pola PirelliAMF da dupla formada por Samuel Rodríguez e Ricardo González.


Os danos nos baixos do seu 206 RC obligáronos a levantar gas na parte final do rallye, mais seguro que esta experiencia lles permitirá sair con moitas máis ganas no Sur do Condado os vindeiros 9 e 10 de xullo.

Noraboa por rematar unha proba tan dura rapaces!

 

290621yonathanOutro dos equipos Surco que remataba en Pontevedra era o formado por Yonathan Otero e Daniel Pazó, quenes levaron o seu 106 Rallye ata a meta do último treito, clasificando na posición 45 da xeral, quedando por diante de moitos dos equipos inscritos nas copas.


Dende logo, unha actuación moi destacable e que xera expectativas de cara ao próximo Rallye Sur so Condado

Moita sorte rapaces!

 

290621manuelfontanO peugeot 205 de Manuel Fontán e Julio Monteagudo conseguía rematar a segunda proba do Campionato Galego de Rallyes


Nunha cita tan complicada, na que se produciron unha gran cantidade de abandonos, os equipos máis pequenos como este, que conseguiron chegar ao parque pechado final, poden estar moi orgullosos da súa actuación.

Noraboa rapaces!

 

290621pradoMoi chamativo o Seat Arosa co que Jose Manuel Prado e Patricia Rodríguez participaron no pasado Rallye de Pontevedra


Unha montura diferente no campionato galego que chamou á atención dos miles de afeccionados que seguiron a proba desde as cunetas e coa que o equipo, inscrito na AMF conseguiu chegar ao parque pechado final.
Remataron a proba no posto 58 da xeral e da agrupación 5
Ben feito!

 

290621sanromanTralo abandono en Coruña o equipo de Marcos Sanromán e Dani Martínez conseguía volver competir co seu atómico Citroen C2 na segunda proba do CGR


A partir de aí, lograban finalizar o rallye na 4️ª posición da clasificación da Copa Pirelli AMF MS, amosando tempos competitivos que lles permitiron recuperar sensacións tras un inicio de temporada complexo.

Perfílanse así como candidatos á victoria na loita pola AMF, que celebrará a súa terceira proba no vindeiro rally Sur do Condado

 

290621issacSegundo posto na copa Top Ten Pirelli C no Rallye de Pontevedra para o equipo ARC Competición!
A dupla formada por Isaac Durán e Hugo Varela, co seu peugeot206 , mantivo un ritmo moi forte durante toda a fin de semana na procura do primeiro posto da Top Ten que, finalmente, acabaría resistíndose, aínda que lles permitiría subir ao podio.
Á próxima carreira será a da casa, o rallyesurdocondado , no que este equipazo volverá demostrar o seu potencial e velocidade.
Bo traballo rapaces!

 

290621marcosbarrosInscrito baixo o nome da nosa escudería debutaba o Megane Coupé do equipo formado por Marcos Barros e Alberto Barros no pasado Rallye de Pontevedra.
 
Os problemas de xuventude da súa montura e a mala sorte cebáronse con eles durante toda a proba, mais conseguiron sobrepoñerse ás adversidades e conseguir rematar a cita pontevedresa.
Teñen moitas ganas de competir e de seguir sumando kilómetros, asi que estamos ansiosos de velos na seguinte proba do #CGR e de comprobar o seu verdadeiro ritmo
 
 
 
A todos os que nos gustan as carreiras sabemos o dura e inxusta que pode chegar a ser a competición.
Unha simple avaría ou saída de pista é capaz de botar por terra a ilusión coa que cada un dos equipos afronta cada fin de semana de carreiras.
 
Houbo varios equipos Surco que, por desgraza, non conseguiron rematar o Rallye de Pontevedra, como son o caso das duplas que ilustran, coas suas monturas, este post.
 
Desexámoslles polo tanto a mellor das sortes no #Rallyesurdocondado no que o darán todo para acabar o mais alto posible na clasificación.
Animo equipos!!
 
 
 
Abel Pampillón - Pablo Gregorio
 

Mitsubishi Evo IX
 
 
 
290621gayoso
 
Iago Gayoso - Iago García
 

Bmw 325 E36
 
 
 
290621hugo
 
 
Hugo Conde - Manuel Bouzón
 

Peugeot 206 RC
 
 
 
290621abel
 
 
Abel García - Brian Garrido
 
Renault Clio Sport
 
 
 
 
290621diegootero
 
Diego Otero - Adrián Salgueiro
 
 
Bmw 325 E36
 
 
 
CGR2021
 

 
Resultado Pablo Pazó no Rallye Castelo Branco

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
180621pazo
 
A pasada fin de semana disputábase en terras portuguesas o Rali Castelo Branco, a 2º proba puntuable para a #CopaSuzuki 2021.
 
Representando á Surco, Pablo Pazó e Ezequiel Salgueiro dérono todo para loitar pola vitoria, mais unha penalización de 15´´ relacionada con problemas co sistema GPS botaba por terra as súas opcións.
 
Finalizaron na P6 da copa, pero nas vindeiras probas seguirán demostrando o seu gran ritmo e experiencia, loitando polo posto máis alto do podio
Foto: Zé Miguel
 
logo copa suzuki
 

Equipos Surco no III Rallye de Pontevedra

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
160621abelgarcia
¡O Rejo Racing listo para Pontevedra!
Abel García e Brian Garrido sairán ésta fin de semana co seu Clio vestido con novas cores e o dorsal 35 nas portas, encadrados na Pirelli Drivers Auria Top Ten B.
 
¡¡¡Qué ganiñas de velos en acción!!!
 
Foto: Edgar Rodríguez

160621gayoso¡Eles son os Iago's!
Iago Gayoso e Iago García debutan no rallyE de Pontevedra aos mandos deste tremendo BMW E36 Coupé.
Sabemos que o van facer moi ben porque xa hai que ser valentes para comezar con un aparato así, e traseira!
Paga a pena esperar por eles éste sábado.
 
Foto: @gayosomotorsport
 

160621pampillon
 
¿Quen non bota de menos os Evo nas carreiras?
Pois Abel Pampillón e Pablo Gregorio traennos ésta maravilla para o rallye de Pontevedra.
 
¡¡¡Xa queremos velos de novo xuntos!!!
 

160621PradoPrado Competición tamén estará en Pontevedra co seu pequeno proxecto dentro da copa Pirelli AMF MS!!!
Un deses coches económicos que pouco se ven nas probas da nosa contorna, un Arosa!!
José Prado e Patricia Rodríguez levarán o dorsal 101 polas estradas do rallye de Pontevedra. ¡¡¡Vamos a animalos!!!
 
Foto: Soraya Magallanes MM photo
 

160621diegoribeiroDespois do infortunio no rally de A Coruña, Diego Riveiro e José Lorenzo volven con máis forza no rallye de Pontevedra co seu
Citroen C2 VTS.
 
A tempada é longa, así que vamos a darlle ánimos a estes mozos para que sigan loitando polo Volante FGA PXP21!!!
 

160621diegootero¡E Siguen dando gas! Despois dos problemas ca suspensión e os freos do seu BMW E36 na Coruña, Diego Otero e Adrián Salgueiro teñen ganas de darlle a volta a súa sorte e facer un bo papel en Pontevedra.
 Sairán co dorsal 121. Hai unha onboard por ahí nas redes sociais deles que igual vos gustaría ver
¡Ánimo e sorte!
 Foto: El Gran Sabo foto.

160621samuel¡Novas cores para loitar pola Pirelli AMF!
 
A dupla formada por Samuel Rodríguez e Ricardo González estrea esta chamativa decoración no seu Peugeot 206 RC para afrontar nos treitos de Pontevedra a que será a súa primeira proba esta temporada.
Foto: Condado Racing
 
 
 

160621isaac
Desde Surco seguimos informando sobre os nosos equipos, como o formado por Isaac Durán e Hugo Varela,
 
que regresan á competición co seu 206 xs na Top Ten Pirelli C, tras un ano de parón debido á pandemia.
 
 

160621hugoHugo Conde volve a acción co seu 206 RC, ésta vez con Manuel Bouzón á dereita. O dorsal 143 non lles beneficiará a hora de facer tempos, pois vanse topar cos treitos moi sucios co paso de tantos coches, pero sabemos que Manuel ten unha ampla experiencia como para guiar ata a meta a Hugo sin problemas.
¡Sorte e pasádeo ben xóvenes!
Foto: DAC Motorsport
 
 

160621marcosPrecioso o Megane Coupé que estrearán Marcos e Alberto Barros esta fin de semana, na que intentarán sumar experiencia, asi como adaptarse á mecánica e as esixencias da súa nova montura.
 
¡Desde Surco desexámosvos moita sorte!
 
 
 
 
 
180621marcosanroman
Deixando atrás a mala sorte que supuxo o seu abandono en Coruña, poderemos volver ver en acción a Marcos Sanromán e a Daniel Rodríguez subidos nun C2 GT na próxima cita do #CGR.
 
Lucirán o dorsal 81 e esperan dar moita loita na sempre complicada Pirelli AMF.
 

180621lareuNunhas horas dará comezo o Rallye de Pontevedra no que Iván Lareu e, como novidade á súa dereita, Jose Ignacio Varela, representarán á #EscuderíaSurco.
Coma sempre, o seu inconfundible Corsa 1.3 GT dará, guerra e espectáculo ao longo dos treitos.
¡Moita sorte equipo!

 
180621yonathanRecordando os emblemas de #PeugeotSport
 
Así loce o precioso 106 Rallye co que Yonathan Otero e Daniel Pazó darán espectáculo desde esta mesma tarde, cando dará comezo a segunda proba do #CGR
¡¡Moita sorte rapaces!!

180621fontan
Este será o 205 que pilotará Manuel Fontán e no que o acompañará Julio Monteagudo á súa dereita.
 
Xa verificados e co dorsal 151, terán que facer fronte aos complicados treitos pontevedreses e á chuvia desta fin de semana, mais intentarán, sobre todo, pasalo ben
 
 
 
 
 
 

Presentación de equipos Surco

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Esta semana temos a presentación de varios equipos que tomarán a saída ca Escudería Surco nas probas do 2021:

¡¡ AR090621present3C Competición volven a carga !!
O equipo formado por Isaac Durán e Hugo Varela retoman a competición co seu chamativo Peugeot 206, tras un ano sabático por mor da pandemia. Farán o seu regreso ao campionato galego no próximo rally de Pontevedra, encadrados na copa Top Ten Pirelli C.
 
¡ Permanecede atentos ás súas redes sociais para saber máis novidades proximamente ! 
 
 

 

 


090621present2E outros que tamén fan presentación da súa tempada 2021 son José Prado e Patry Centeno, de Prado Competición, un humilde equipo de Nigrán cunha longa traxectoria e tradición nas carreiras de Galicia.

O seu evento será éste domingo 13 de Xuño no torreiro de Priegue, Nigrán, e animámosvos a acudir para mostrarlles todo o apoio!!! Sempre, claro está, ca mascarilla e respetando a distancia interpersoal. 
 
 
 
 
 

090621present1Atención! Porque éste sábado día 12 de xuño, o equipo Gayoso Motorsport fará a súa presentación en Fiolledo, en Casa Mariano.
Comezarán a súa andadura polo Campionato Galego 2021 a partir do rally de Pontevedra.
¿Estades listos para ver as cores do E36 Coupé desta xoven parella? Non o perdades!
 
E lembrade sempre manter a mascarilla posta e a distancia social.
 
 
 
 
 
 

Pablo Pazó e Ezequiel Salgueiro no Rallye de Castelo Branco

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

 

0804pazo

 

Veñen de ganar no Rallyspirit de Altice co Talbot Sumbean, e toca enfundarse o mono de Suzuki para a próxima proba da copa Swift Sport. Pablo Pazó e Ezequiel Salgueiro sairán co dorsal 35 ésta fin de semana no rally Castelo Branco, tamén en Portugal.

Desexámoslles o mismo éxito que fai uns días cosecharon.

 

 

Máis info do Rallye en Escuderia Castelo Branco