• 630 394 418 / 663 997 585 / 602 245 333
  • Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Lun - Ven 9:30-13:30 / 16:30-20:30
Pazó - Ezequiel no Rally Rias Altas histórico

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
Volven ao maquinillo!
Os nosos amigos Pablo Pazó e Ezequiel Salgueiro disputarán o rally Rías Altas, do Campionato de España de rallies para vehículos históricos, co seu inconfundible Talbot Sunbeam Lotus.
Si non tes plan para ésta fin de semana, xa tes unha cita! ¿Lembrades como ían de costado no Rías Baixas? Pois seica hai apostas para ver quen o atravesa máis no Rías Altas entre eles, Ferreiro e Grille
Moito ánimo e moitísima sorte rapaces! Estamos convosco!
Foto: Danny photo
 
Máis info en:
 
riasaltas

 
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra
  • Equipos Surco no Rallye Ribeira Sacra

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
¡¡ ACTUALIZADO !!
¡Turno para os treitos Ourensanos outra vez!
Este fin de smena teremos unha ampla representación de Surco no Rally Ribeira Sacra
 Cartel Rally Ribeira Sacra 2021
 
Comezamos polos fantásticos e bonachóns de Abel Pampillón e David Torres, que sumarán outro rally cheo de kilómetros ao seu Mitsubishi dentro da Pirelli TopTen B!!! 
Fixádevos no dorsal 16 éste sábado!
 
Tamén contamos cos "cocos" desta copa, dende Mos, Isaac Durán e Hugo Varela voltarán facer ruxir esa admisión do 206 polos treitos e temos ganas de velos dar caña duramente!!!
Eles sairán co dorsal 19 na TopTen B!
 
David Domínguez Más e Brian Garrido volven compartir habitáculo nese Saxo VTS que voará polos treitos!!
Estade atentos ao dorsal 33, entre os da copa Pirelli TopTen C!!!
 
E co 46 sairán as nosas amigas do Peugeot 107, Leticia López e María Martínez, encadradas coma sempre na PXP21 e na copa Open Donas Gadis! Sorte tamén para elas!
Foto: Ana Rguez Rguez
 
Tamén volven estes misiles! Diego Riveiro e Jose Juan Lorenzo co mítico C2 VTS!
Loitarán coma ven sendo habitual polos postos destacados da PXP21.
 
¿E como non podían faltar eles? O Seat Arosa de Jose Prado e Patry Centeno estará dando guerra tamén nos treitos,
dentro da Pirelli AMF MS!
Sorte xóvenes!
Foto: Ana Rguez Rguez
  
Adrián Álvarez e Andrea Novás competirán na Pirelli AMF MS co dorsal 65 nas portas!
Sabemos que irán bravos, seguro!!
 
Maximino Alfaya Óscar Lage non disputan ningunha copa, así que a presión e distinta, pero o esforzo será tamén grande! Levarán o dorsal 79. Temos ganas de velos xa!! Sorte a estes mozos!
Foto: @dannyphotoo
 
Kevin Rodríguez e Borja Vicente sairán no rally Ribeira Sacra a por todas co seu 106 GTI !! Eles levan o dorsal 72.
¡¡Vamos!!
Óscar González e Rubén Martínez no C2, tratarán de resarcirse dos infortunios que os persiguen tras dous rallies saldados con DNF. Sabemos que son loitadores e teñen un bo resultado por vir, moi merecido! Saen co 69 aquí.
Fotos: JR (Noticias O Rosal) e Pablo fotografía
 
De novo Fermín e Teresa Morais sacudirán o pó do Clio, e tamén levantarán pó nos treitos, que levan presa!
Saen no Ribeira Sacra co dorsal 78!
 
Veremos tamén si Ivan Lareu colleu óxido por mor da lúa de mel, ou sigue a dar caña coma antes! Lembremos que leva a Uxía Carballo de copiloto, e ela non perdoa. Dalle caña Uxía! Iovana seguro que non lle deixaría relaxarse!
 
Están de estrea!! Javier Vázquez e Jorge Fernández lucirán este Opel Adam no rally Ribeira Sacra, co dorsal 38 nas portas, e encadrados na Pirelli TopTen C!
 
Tamén contamos con Juan Alfonso Saavedra e Samuel Graña nun exótico Fiat Uno Turbo (xa se ven poucos así), co 99 nas portas! Levan pouquiños quilómetros así que toca seguir aprendendo do coche.
 
Cristian González e Javier López tamén estarán no rally Ribeira Sacra co dorsal 75, loitando na Pirelli AMF MS!
Co dorsal 103 nos representan Diego Diego Martínez e José González tamén cun Peugeot 106!
 
Cristóbal e Albino levan moitos anos axudando na organización de todos os eventos de Surco, e incluso cando colaboramos con outros eventos, eles están ahí! Qué alegría da saber que agora por fin están disfrutando dos rallies dende dentro como sempre quixeron
No Ribeira Sacra saen co dorsal 100! Moita sorte amigos!
 
E tamén un mitico da nosa zona, Saúl Bargiela, co seu 205 GTI, tomará de novo a saída este ano na proba de Luintra co número 106, e con novidade! Pois o copiloto, Elías, debuta no que lle chaman "a silla eléctrica", tras algúns anos tamén axudando á Escuderia en toda clase de traballos. Sangue Surco 100% entre eles! Gas rapaces!

Iván e José Pazos tocando moito rock and roll co Seat 127!!! Un dos vehículos máis "cucos" e carismáticos de toda a lista! No noso rally tiveron mala sorte co motor, pero agora sairán co dorsal 110 no Ribeira Sacra para divertirse eles e divertirnos a nos!!! Uns fenómenos
Foto: El Gran Sabo photo
 
¡¡¡ Sorte a tod@ eles neste bonito rallye !!!
 
Tamén aproveitamos para enviarlle un abrazo a noso amigo Sergio Alonso que tiña planeado saír neste rally xunto co seu amigo e copiloto Abel Martínez, pero por mor dun percance deportivo, non poden estar. Recupérate Sergio!
 
 
CGR2021
 
 

Resultado Eliot - Uxia no Rally Virtual

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
Eliot Gómez e Uxía Carballo métense na 4ª posición da Peugeot Rally Cup Ibérica virtual no rally Serras de Fafe.
 
Éste resultado os catapulta ata a 5ª posición no campionato, ascendendo dende a 7ª plaza.
 
Os nosos mozos siguen progresando! Noraboa!!!

Pablo Pazó e Ezequiel Salgueiro no 44º Rallye Villa de LLanes

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

E xa con novas de este próximo fin de semana, teremos co dorsal 29 a Pablo Pazó e Ezequiel Salgueiro na saída do 44 Rally de Llanes, Asturias, onde seguirán pelexando duro co resto de compañeiros da Copa Suzuki Swift.

¿Quen de vos ides alá a mira-lo rally?
 
Imos animalos forte!!!
 
banner superior web 1513x333
 
Logo SCRT
 
logo copa suzuki

Sordo - Carrera no Rallye das AÇores

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
¡Moi contentos do traballo en equipo destes dous figuras!
 
Dani Sordo e Cándido Carrera firmaron un fantástico 2º posto no rally de Azores, do ERC (Campionato Europeo), tras unha bonita loita con Mikkelsen.
Nesta ocasión, aos mandos do Hyundai i20 R5, o piloto cántabro e o copiloto galego sumaban importantes quilómetros baixo as cores de MRF Tyres.
 
Deixámosvos éstas instantáneas para que admiredes as vistas da illa e o espectáculo que estes xóvenes nos deixaron