Este pasado domingo celebrouse no circuíto da Madalena, en Forcarei, a selección de pilotos Máis Talento Motor promovida pola Deputación de Pontevedra e a Federación Galega de Automovilismo, na que competiron 34 aspirantes, quedando o podio final formado por dous pilotos da nosa Escudería, Iago García e Eliot Gomez, sendo Yago Martinez veciño de Salvaterra de Miño o vencedor.
Isto demostra a gran afición polo mundo do motor e o gran nivel que temos na nosa contorna.
Clasificación final:
1º Yago Martínez
2º - Iago García
3º - Eliot Gómez