Esta pasada fin de semana celebrouse o Rally Sprint Concello de Silleda, segunda proba puntuable para o Campionato Galego de Rally Sprint, representando a Surco tivemos tres equipos acadando os seguintes resultados:
Jose Antonio Groba e Daniel González Castro despois de moitos problemas, remataron 23 da xeral e 4 da agrupación extra.
Jose Antonio Lage e David González Portela remataron 65 da xeral e 6 da agrupación 5, estreando o seu Peugeot 107.
Iago García Palacios e Elías González Gil remataron 59 da xeral e 4 da agrupación 5, indo de menos a mais durante toda a proba