A Escuderia Surco en colaboración coa empresa Repuestos OJEA, presentan unha proposta solidaria para os danificados pola dana que aconteceu en Valencia hai xa unhas semanas.
Dende hoxe e ata o Sábado día 16 de Novembro, coincidindo co XVII Rally de Regularidade Moucho do Condado, faremos un sorteo dunha cesta de productos de limpeza para vehículos, poñendo a disposición rifas o prezo de 1€.
Tamén as placas do Moucho do Condado que terán un prezo de 3€, que dende hoxe estarán a disposición de quen queira na Zapateria Toguis en Salvaterra de Miño, e o Sábado no Hostal O Cendal, no Concello As Neves, na Area de Servicio Quintans de a Cañiza, e no Restaurante Casa Rivero en Ponteareas.
O sorteo realizaráse o Sábado 16 de Novembro pola noite, e todo o recaudado tanto na venda de rifas para cesta de productos e na venda de placas do moucho, irá destinado para a compra de productos de primeira necesidade, e de limpeza dos danificados pola dana de Valencia.