O pasado xoves membros da Escuderia Surco, mantiveron unha reunión de traballo moi fructífera, con Marcos o Concelleiro de Deporte de Salceda de Caselas, o cal agradecemos o seu tempo para atendernos, e temos o pracer de anunciar que celebraremos a nosa 2ª Gala da Escuderia Surco, no auditorio de dito Concello o vindeiro 24 de Febreiro de 2024.
E anunciaros que un ano mais contaremos coa inestimable colaboración do Concello de Salceda para a celebración do XX Rallye Sur do Condado o vindeiro 2024, e tamen co parque de reagrupamento.
Dende a Escuderia Surco queremos agradecerlle a Corporación Municipal encabezada pola Alcaldesa Dolores Castiñeira por seguir apostando pola nosa Escuderia para que ano a ano o rally forme parte de Salceda.
Moitas Gracias Salceda