!Sorteo Experiencia Copilotaxe!

🏎️ Con motivo do 20 aniversario do Rally Sur do Condado lanzamos o sorteo dunha experiencia de copilotaxe na primeira pasada do Shakedown do Rally Sur do Condado 2024 con Marcos Sanroman no seu Renault Clio Rally 5.

🎟️ Como participar, moi sinxelo a partir de hoxe están á venda as rifas por un prezo de 2€.

O número gañador será o que coincida cos tres últimos números do sorteo da ONCE do 5 de xullo de 2024.

🏬 Puntos de venda:

- Zapatería Togui (Salvaterra de Miño)

- MdM Café-bar (Salvaterra de Miño)

- Estación de Servicio Pardo Pazos (Salvaterra de Miño)

- Restaurante A Vila (Arbo)

- Cafetería Arcos (Ponteareas)

- Repuestos Ojea (Salceda de Caselas)

- Pais Automoción (Mos)

- Racing Sport (Vigo)

Equipos Surco no 3º Rallye Comarca do Carballiño

Esta fin de semana a acción volve ao Campionato Galego de Rallyes coa disputa do 3º Rallye Comarca do Carballiño, sexta proba puntuable para este certamen, organizada pola escudería JLB Motorsport.

Defendendo as cores de Surco teremos 8 equipos:

✅ N 22 - Marcos Rodríguez Sanroman e Álvaro Cerqueiras Renault Clio Rally 5 participarán nas copas Pirelli-Driver-Autia Top Ten C e Clio Galicia.

✅ N 32 - Cristian González Lorenzo e Javier Lopez Araujo Citroen C2 R2 Max participarán na copa Pirelli-Driver-Autia Top Ten C.

✅ N 34 - Diego Diego Martinez e Brian Garrido Citroen C2 R2 Max participarán na copa Pirelli-Driver-Autia Top Ten C.

✅ N 52 - Iago Gayoso e Iván Pajarín Peugeot 106 participarán na copa Volante F.G.A e Beca PXP 25.

✅ N 63 - Eliot Gomez e Jose Ramon Seoane Toyota Aygo participarán na Copa Criterium Recalvi e Beca 24.

Resultados equipos na 24ª Subida a Escusa-Poio

Esta pasada fin de semana celebrouse a terceira proba do Campionato Galego de Montaña, a 24 Subida a Escusa-Poio onde contamos coa presenza de dous equipos Surco que acadaron os seguintes resultados:

Diego Diego Martínez rematou 18 na xeral en carrozados e 2 na clase 5B.

Ruben Tejido Alvarez rematou 21 na xeral en carrozados e 5 clasificado na clase 5C.

Parabéns a todos os que completaron esta proba.

Resultados equipos Surco no Rallye de Pontevedra

Esta fin de semana celebrouse a quinta proba puntuable para o Campionato Galego de Rallyes, o VI Rallye de Pontevedra, no que participaban 11 equipos Surco, acadando os seguintes resultados:


Marcos Sanroman e Daniel Rodríguez terminaban 15º da Xeral e 2º na agrupación 4.
Bruno Martinez e Juan Manuel Estevez terminaban 39º da Xeral e 12º na agrupación 4.
Ivan Martinez e Fernando Abalde terminaban 42º da Xeral e 9º na agrupación 3.
Oscar Chamorro e Jose Antonio Zuñiga terminaban 51º da Xeral e 20º na agrupación 4.
Marco A. Ledo e Borja Cheillida terminaban 62º da Xeral e 27º na agrupación 4.
Ivan Lareu e Juan Portas terminaban 80 da xeral e 30 na agrupación 4.
Iago Fernandez e Pablo Aguiar terminaban en Súper Rally 83 de Xeral e 3 na agrupación 7.
Jose Lage Mera e Daniel González terminaban en Super Rally 84 de Xeral e 3 na agrupación 5.