Shakedown-Autos Rivada

O venres 12 de xullo, celebraráse o tramo de probas (shakedown-Autos Rivada), dito tramo de probas celebraráse de 11:00 a 13:00 horas, tendo un percorrido total de 2.23 quilómetros :

• Os equipos que desexen participar no shakedown-Autos Rivada e non realizaran o pago correspondente no momento de realizar a inscrición, deberán abonar os 150€ mediante transferencia bancaria a Escuderia Surco antes do Martes 9 de xullo as 18:00h e envíar o xustificante do pago por correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. .

• Os participantes no shakedown-Autos Rivada deberán realizar as verificacións administrativas e técnicas na zona estipulada polo organizador Anexo 2 paxina 12 do Regulamento Particular, entre as 08:30h e as 10:30h.

• Non se permitirá tomar a saída no shakedown-Autos Rivada en caso de non pasar as verificacións técnicas.

• No shakedown-Autos Rivada, autorizase a asistencia remota en dúas ubicacións no Concello de As Neves, que a continuación deixaremos nun mapa.

• O Shakedown-Autos Rivada, estará abicado dentro do Rutometro da proba, tanto os enlaces, como o percorrido, a os parques de traballos que se realizaran para dito treito.

• O número de inscritos fíxase nun máximo de 50 vehículos.

 

shakedown

 

PARQUE DE ASISTENCIA TREITO SHAKEDOWN-AUTOS RIVADA O Shakedown-Autos Rivada, contará con dous parques de asistencia no concello de As Neves para os equipos inscritos no treito de probas, dito parque estará habilitado para os equipos unha hora antes do inicio do shakedown e rexéndose pola normativa de parques de traballo do Regulamento ParticularANEXO 1 paxina 10 e 11.

shakedownparque

 

ZONA DE REPOSTAXE SHAKEDOWN-AUTOS RIVADA Os equipos inscritos no Shakedown Autos-Rivada, terán no propio Concello de As Neves, unha zona de reportaxe, a cal estará marcada no Libro de Ruta, sita en E.S. Repsol Petronor de As Neves. Recomendase a todos os equipos que fagan o refuelling na propia estación de servizo.

shakedownrepostaxe

Artígos relacionados